mércores. 30.04.2025
El tiempo

Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na Mostra do Encaixe

GALENCAIXE na Mostra de Encaixe de Camarinas 2024
Galencaixe na Mostra do ano pasado
Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na Mostra do Encaixe

Seguimos denbullando polo miúdo a programación da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. E a rama artesá non podía ficar en segundo plano.

O pavillón Víctor Vigo, desde o 16 ao 20 de abril, encherase artesáns e artesás chegadas de diferentes puntos de Galicia e España, así como de Bulgaria (Sofía), Hungría (Kiskunhalas), Italia (Novedrate e Trapani), Polonia (Bobowa) e Portugal (Peniche e Serra D’el Rei).

Ademais, no eido solidario, estará presente outro ano máis a asociación STOF FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas pola Ataxia de Friedreich a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade. Unha iniciativa que nace a partir da petición de María Jesús González Souto.

Haberá espazo novamente para a Asociación Española contra o Cancro e contarán con Punto Violeta. Tanto a Deputación da Coruña como oConcello de Camariñas contarán con stands propios, ademais de Encaixe Azul e APTCM.

No caso das demostracións artesanais en vivo, serán cinco (5) as que se poderán contemplar: Artesanía Corman, demostracións co torno de vidro; Artesanía Nía, con obradoiros de Miyuki; Olería de Buño, con demostracións co torno e obradoiros de barro; Suso Calo – Lobo Tolo, con demostración de pirogravados e Tejas Pintadas, que demostrará como é a montaxe de
bixutería en pedra natural.

Stands das palilleiras

Neste apartado teremos ata dezasete (17) propostas, entre as que destacan Ana Trasariz, a Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca de Muxía, a Asociación de Mulleres Rurais de Moraime, Arte en Palla, “As Nemanquiñas” de Vimianzo, a Asociación Profesional de Palilleiras de Rendas, a Asociación Puntillas de Camariñas, El Rincón de los Sueños, Encaixa-T, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encajes Gelina de Camariñas, Encaixes Maruja de Camariñas, Fiando Miúdo, Galencaixe, Nadia en Vela e O Cornechiño de Lita.

ARTE EN PALLA na mostra de Encaixe de camarinas 2024
Arte na Palla na mostra do ano pasado

 

Stands de artesanía

Son ata dez (10) os postos de artesáns e artesás que estarán presentes no pavillón Víctor Vigo: Antolín Piel, Artesanía Corman, Artesanía Nia, Fils i Agulles Carme Espriu, Malas Hierbas Artesanía, Miña Terra, Suso Calo – Lobo Tolo, Tejas Pintadas, Olería de Buño e Xacarandá.

Máis novas

 

Comentarios