O tráfico na ponte da Ponte do Porto estará cortado do 19 ao 21 de febreiro
O tránsito para os peóns manterase sen alteracións a pesar das obras do empedrado
11:27 16/02/21
O tráfico de vehículos na ponte da Ponte do Porto permanecerá cortado desde o 19 de febreiro ás 9:30 horas (para que pase o autobús escolar) ata o 21 de febreiro ás 21:00horas debido ás obras que a Deputación da Coruña levará a cabo para o mantemento do empedrado central da infraestrutura.
A Policía Local será a encargada de marcar os desvíos e de regular o tráfico pero o tránsito para os peóns estará aberto e manterase sen alteracións. Desde o Concello de Camariñas senten as molestias ocasionadas á veciñanza pero son uns traballos imprescindibles para manter en bo estado o firme central da ponte.