Trasladan ao HVdX a unha muller que sufría unha forte dor no peito en Xaviña
14:17 30/06/21
Este pasado martes ás 19:30 horas, o 112 recibía unha alerta por unha muller maior que presentaba unha forte dor no peito. De contado desprazouse o helicóptero medicalizado e Axentes da Garda Civil de Camariñas á aldea de Brea, na parroquia de Xaviña, en Camariñas. O persoal sanitario do Centro de Saúde de Vimianzo acodía para prestar axuda, e coa colaboración dos axentes da Garda Civil, procedeuse ao seu traslado, finalmente en ambulancia, ao hospital Virxe da Xunqueira da localidada de Cee.