Un Guernica desaparecido en Camariñas

07:31 06/12/10

Envía hoxe o PP camariñán un curioso comunicado denunciando a desaparición durante un tempo dun Mural do Guernica. Dende o PP aseguran que o Mural estivo perdido dende o 2003, e segundo a versión do concello estaba “no Taller de Carpintería de Aldea Madeira”.
O PP non sinalan como culpable do extravío á Concelleira de Cultura, Sandra Insua. Se non que aseguran “foi a deputada socialista do parlamento galego, Marisol Soneira”.
Nesa liña o PP pide que o Mural sexa cedido ás escolas do concello.
Fonte
- Nota de prensa do PP camariñán.