Un Samaín terrorífico para os nenos da Costa da Morte


Por todo o alto celebra a Costa da Morte o Samaín. Sobre todo as escolas e os institutos están recuperando esta tradición e devolvéndolle parte do acento galego a ese Halloween norteamericano que tanto nos invade. Cero é que pouco queda daqueles Defuntos de antano, e o Samaín vive máis dos vampiros que da Santa Compaña.
Centros como o IESP Pedra da Aguia de Camariñas celebrou un tempraneiro magosto o pasado martes 30, seguido da celebración do Samaín. Así, no horario escolar da tarde, alumnos e profesores poideron disfrutar do sabor das castañas asadas. Cando rematou a xornada, un tercio do alumnado e boa parte do profesorado prepararon a festa do Samaín que se prolongou ata xusto a media noite. Nun escenario completamente decorado para a ocasión, todos gozaron dun chocolate con churros ben quentiño, antes de empezar unha serie de xogos previstos polo profesorado. A continuación tocou disfrazarse, cear nun ambente escuro e tétrico coas únicas luces dos cirios, facer contadas de terror e, finalmente, ver unha película de medo.

Moitas actividades na comarca
Ademais das citas escolares, son moitas as propostas de Samaín que temos na #AxendaCostadaMorte.