Un San Pedro por todo o alto
Se o San Xoán foi espectacular, na Costa da Morte ten sempre unha incidencia fantástica o San Pedro. Repasando a AxendaCostadaMorte vemos que hai variedade de ocasións para disfrutar desta singular festa. Muros, Corcubión, Ponte do Porto, Santa Comba, Pino do Val, Berdoias, Buxantes… son algúns dos lugares onde se celebra esta festa:
San Pedro de Muros
Unha das máis esperadas é a Festa do San Pedro de Muros. Este 2014 toca os días sábado 28, domingo 29 e luns 30 de xuño.
O sábado arrincan con verbena da man da Álkar e a Jerusalén.
Para o domingo, día grande, toca pasarrúas, procesión e misa, partido de fútbol poal tarde entre unha selección do Concello de Muros e un equipo de Veteranos no II Trofeo Eleuterio Balayo, e pola noite, master class de zumba e verbena coa Ciclón e Filadelfia. Ás 0:00h, fogos de artificio.
Ademais, o luns 30 toca verbena de peche coa Claxon e a Cinema.
San Pedro en Corcubión
Coincidindo por fin a festa co SPS (San Pedro Sábado), os sábado 28 e domingo 29 deste mes terán lugar no campo de San Roque de Corcubión os festejos de San Pedro de Redonda, unha fieste campestre onde vos veciños gozarán, ao longo de todo o día das seguintes actividades. O sábado 28 teremos Sesión Vermú a cargo do grupo de Gaitas Tira do Cordel de Fisterra, que terá o formato de Encontro de Gaiteros, cuxa duración será indefinida. Ademais, a partir das 22:00h, teremos Concertos a cargo do mítico grupo de música tradicional A Roda, seguidos pola actuación músical da banda fusión riveirense A Compañía do Ruído. Unha vez finalizados darase comezo a actuación a cargo do Señor Non ("Musicalizador”).
Para o domingo 29, ás 13:00 Misa solemne en honor a San Pedro, continuada pola procesión acompañada polo grupo de gaitas Petaforte. E a Sesión Vermú será ca orquesta Samba, que repetirá na verbena cun Dj´s.
San Pedro da Ponte do Porto
Os venres 27, sábado 28, domingo 29 de xuño ademais do sábado 5 e domingo 6 de xullo, a Ponte do Porto vivirá as súas Festas de San Pedro. Arrincaremos este venres con sardiñada, para o sábado teremos verbeneo con Estrellar e Gran Parada, mentres que o domingo teremos Foliada e Samba.
San Pedro do Pino do Val
O Pino do Val, Mazaricos, tamén prepara o seu San Pedro. O San Pedro será o domingo 29 de xuño coa Versalles e a Alborada.
San Pedro en Berdoias
O domingo 29, o luns 30 de xuño e o martes 1 de xullo toca San Pedro en Berdoias, Vimianzo. A Trubisquiña abrirá a festa pero a sesión vermú e a verbena será coa Chica Show, e disco móbil. Para o luns toca s.v. e verbena con Fania Blanco Show, e para o martes, gran sardiñada dende as 19:00h.
San Pedro de Buxantes
As festas do San Pedro de Buxantes celébranse o domingo 29 de xuño e o luns 39. O domingo arrinca cedo e a sesión vermú será coa Estrellamar, que repetirá na verbena nocturan co Grupo Limón. Ademais, o luns haberá procesión dende as 13:00h, para arrincar coa Sesión vermú da man da Metrópolis e verbena coa Philadelphia.San Pedro de Santa Comba
Menuda verbena a do martes 1 de xullo nas Festas de San Pedro de Santa Comba 2014. París de Noia e Panorama en acción pola Virxe do Carme!! Pero antes, dous días de boa troula, cun sábado 29 de xuño coa Fian Blanco Show e un domingo 30 con Aramio e Combo Dominicano.Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).