Unha bufanda que percorre o mundo


Poucas veces o Fútbol da Costa é unha cousa tan internacional. Temos estado en NY co tiqui-taca costeiro, é certo, e en breve seguro que co Album de cromos o fútbol costeiro traspasa fronteiras. Pero o que está a facer a afección do SD Camelle coas súas bufandas é digno de reportaxe.
#Sedadaboa (como o hastag que utilizan os siareiros camelláns) é o que lle están dando esta volcada afección ao seu equipo. Ademais de encher cada 15 días o Rodeiro, non paran de acompañar ao equipo por toda a bisbarra.
E é máis que normal, se están afeitos a levar o Camelle, ademais de no corazón, na maleta en forma de bufanda cando van de viaxe, ou emigrados. Brasil, Francia, Inglaterra, México, Finlandia, Suiza... ata o Vaticano ten chegado a bufanda viaxeira!
Así podemos ver os bufandeiros viaxeiros do Camelle por todo o mundo. Máis de 25 fotos puidemos atopar no Facebook de Camelle, e de seguro que serán moitas máis as que vaian achegando co tempo.
Aquí recollemos unha captura e os nomes dos protagonistas, que se merecen unha boa mención:
- Adrián Pérez Rodríguez en Salvador de Bahía (Brasil) e no Bernabeu.
- Adriana Carracedo Tajes en Fuerteventura.
- Adriana en Pagi en París.
- No parke natural de Stonehenge (Inglaterra).
- Carlos de Dido dende o Cebreiro.
- David Suarez na Ponte Colgante de Vizcaia.
- David Vázquez en Valencia.
- Inés e a Tamara na Volta a España 2013.
- Julio Romero e a súa familia levan a S.D. Camelle ata EuroDisney.
- Kevin Leis en Tower Bridge (London).
- Macarena Canosa Marcote en Lucerna-Suiza e en Verona-Italia.
- Maite Tedín con Veronica, duas de Camelle de Arriba na sede da FIFA en Zurich, Suiza.
- Maria Mouzo en Chichén Itza - México.
- Mario na porta do Guggenheim.
- Mario Vázquez Méndez coa illa de Ons ó fondo.
- Miguel Riveiro en Ibiza.
- Os nosos siareiros seguen a viaxar desta vez as Rias Baixas.
- Rafael Tedín Álvarez en Finlandia.
- Raúl e Pilar dende a Vila Termal Lobios, Ourense.
- René e Kevin no estadio de Wembley (London).
- Rosa e o seu fillo Iago en Combarro.
- Suso Carracedo Tajes e Se Luis Camelle en Santa Cruz de Tenerife.
- Tania Marcote Barreiro, Diego Suárez Cives, Rosi e Damián na plaza de San Pedro, Vaticano.
Artigos relacionados
- O tiqui-taca costeiro triunfa en NY.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).