Venres. 03.05.2024
El tiempo

O tiqui-taca costeiro triunfa en NY

O tiqui-taca costeiro triunfa en NY
Os veteranos do Iberia CF- Juan Lago David Lago Diego Monteagudo

Boas novas futboleiras as que nos chegan desde Nova Iorque. Xa temos estado canda o Club Deportivo Iberia, e hoxe podemos contar que veñen de proclamarse campións da 3ª División da Cosmopolitan Soccer League. Así nolo conta David Lago, presidente deste clube que ten 8 xogadores ademais do corpo técnico ao completo, da Costa da Morte.

O Iberia vencía na final por 4-1 aos Lansdowne Bhoys, un equipo de Irlandeses con sé no Bronx. E o facía para pór o broche de ouro a unha tempada de marca, con 14 vitorias e 2 derrotas na Liga que lle valía para ser campións de Grupo. Ademais nas semifinais derrotaron a Mr. Denehey's por un contundente 4-0. Sempre, cun estilo moi latino de tiqui-taca.

Un equipo con raíces costeiras

Iberia Campeon 12-13

Como dicimos o Iberia que conta con 8 xogadores da Costa da Morte e todos os adestradores. (o persoal ten 23 xogadores, 18 son galegos). Os 8 son Antonio e Pablo Trillo (Pedrafiguera, Carnota) (Pablo é o adestrador), Juan Lago, David Lago, Cristian Sande, e David Formoso de Muros, Steve Nyarady (casado no Freixo) e Víctor Branco (Santa Comba).

Fundadores e directivos do equipo: Juan Lago, Pepe Cajigal (Fundador) David Lago, Andres Babio (Fundador) Mingos Formoso, Diego Monteagudo

Repaso da Final

A final foi disputada en Randall's Island en NY co Iberia arroupado por uns 60 siareiros nun día moi caluroso. Os irlandeses, co seu xogo directo, case marcan un gol aos 15 minutos, pero o Iberia dominou o partido xogando ó seu estilo tiqui-taca. No minuto 35 chego o primeiro gol, obra do Carnotan, Antonio Trillo cun pase de Carlos Vazquez (Ourense). No minuto 40 chego o 2-0 coa mesma conexión de Vazquez a Trillo despois de que o Iberia tocase o balón unhas 20 veces. Trillo resolveu só diante do porteiro cun golazo.

Despois do descanso os irlandeses marcaron o 2-1 no minuto 63 cun gol de penalti. Un minuto mais tarde respondemos a través de Alex Domínguez (Ourense) que acababa de ingresar ao campo e foi o primeiro balón que toco. A partir de aí era unha festa e o Iberia seguía tocando o balón ao estilo Barça. No 85 chego o 4-1 cun golazo de 30 metros de Abdula Begai cunha asistencia de muradán Cristian Sande.

Cabo destacar a actuación do equipo enteiro que loitou toda a tempada para gañarse o seu sexto título de 3ª División. En especial ós jugones Trillo (2 golazos) e Vázquez (3 asistencias) e o muradán Cristian Sande (un auténtico correcaminos no lateral). Tremendo partidazo destes tres.

Agora, o clube xa conta no palmarés con 6 títulos de Terceira, 2 de Segunda, e un Copa do Estado de NY. Aí é nada!

os goleadores da final para o Iberia- Dominguez Trillo e Begai

Un futuro prometedor

Agora o equipo enfróntase ao reto de subir de novo a Segunda División que require un primeiro equipo e un reserva a próxima tempada. "Por calidade non hai problema para estar en 2ª", cóntanos Lago, "o problema é cando gañemos Segunda si subimos a primeira, porque é unha división semi-profesional onde os outros equipos pagan aos xogadores". De feito, "o Iberia estivo en 1ª División 10 anos desde o 2000 ao 2010 e baixamos voluntariamente para ser máis competitivos e xogar coa maioría de galegos. Hai equipos que teñen presupostos de 100,000 $ ou $150,000 dólares ao ano e xóganse o US Open Cup (que é a Copa do Rei de USA)", indica.

Pero no Iberia prefiren seguir fieis ás súas raíces. "Nós somos un equipo modesto, de familia e amigos baseados de emigrantes galegos ou fillos de emigrantes formado en 1967 e sobrevivimos grazas aos nosos patrocinadores, socios e festas. Foi un ano espectacular e o 14 de xuño imos ter unha festa para celebralo".

Dende aquí, dende Galicia, dende a Costa da Morte, enviámoslle un forte saúdo e que disfruten dos éxitos, e desa festa de celebración que tan merecida teñen!

Novas relacionadas

“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e foto da man de David Lago, Presidente, C.D. Iberia.

Comentarios