Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Varias novidades entre os candidatos do PP ás alcaldías dos concellos do PX de Corcubión

Varias novidades entre os candidatos do PP ás alcaldías dos concellos do PX de Corcubión
Candidatos do PP no PX de Corcubión- Foto- Rafa Quintáns Mauricio Aufiero, Gema Freire, José Traba, Sandra Vilela, David Gómez, Raquel Rodríguez, Antonio Domínguez e Tino González serán os candidatos para as municipais do 2019 nos concellos de Camariñas, Corcubión, Fisterra, Muxía, Zas, Vimianzo, Cee e Carnota. Son os nomes que presentaba o PP este sábado en Corcubión, nun acto presidido polo presidente provincial Diego Calvo, e o vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben. Moitos eran nomes máis que coñecidos pero faltaban por ratificar os nomes de Vimianzo e Carnota. Finalmente Roque fica da segundo de Raquel Rodríguez e en Carnota é Tino González o que buscará recuperar a alcaldía perdida hai case 8 anos. Ademais seguimos sen saber que pasa con Dumbría. Calvo mostrouse “convencido” de que a súa formación será a que “máis respaldo logre na Costa da Morte”, e augurou que “subiremos en moitos municipios e gobernaremos en sitios onde agora non o facemos”. Foto do acto de Corcubión de Rafa Quintáns Serán as de maio de 2019 unhas eleccións importantes para un partido popular que na comarca segue arrasando en comicios autonómicos e estatais, pero que a nivel municipal perdeu forza, quedando nesta lexislatura con apenas 3 alcaldías. Nese sensl, Calvo explicou en que os populares “tomaron nota dos erros cometidos no pasado” para “correxilos” e recuperar o peso político perdido nas anteriores municipais.

Comentarios