A veciñanza de Camelle queda para limpar os plásticos do Xardín-Museo de Man
08 de outubro de 2020 (11:11 h.)
As últimas mareas vivas teñen traído moito lixo ao Xardín Museo de Man de Camelle. De aí que a Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula se unan para organizar, este domingo 11 de outubro, ás 11:00 horas, unha saída de recollida do lixo plástico que afea e contamina o singular coído.
”A limpeza e saneamento deste lugar é condición imprescindible para gardar a dignidade da memoria de Manfred Gnädinger, artista e intelectual absolutamente singular que é patrimonio de Camelle, patrimonio da humanidade”, recoñecen os convocantes.
Lembran que é obrigado inscribirse previamente con nome, apelidos e DNI no correo info@mardefabula.es ou no tlfno 608609042.
Novas relacionadas
- ADEGA anima aos colectivos costeiros a unirse á nova Limpeza de Praias.
- Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.