ADEGA anima aos colectivos costeiros a unirse á nova Limpeza de Praias

Sempre a Costa da Morte demostra o seu compromiso co medioambiente e a natureza no marco das Limpezas Simultáneas de Praias que artella cada ano a Asociación Ecoloxísta ADEGA. Seguro que este ano non vai ser menos, e serán moitos os colectivos que se unan á campaña que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de outubro en ducias de areais galegos.
A xornada coincidirá finalmente coa Limpeza do Río do Porto (no marco do Proxecto Ríos) de Már de Fábula e PX, pois ía desenvolverse esta fin de semana pero foi adiada polas previsións meteorolóxicas.
Concellos, coles, escolas de surf, centros de mergullo, clubs deportivos, asociacións, profesionais do mar… e particulares, están chamados a unirse a esta proposta pensada eliminar residuos dos nosos areais e para concienciar.
A organizadora fai así o chamamento, para unirse enviando un correo a itziar@adega.gal, ou chamando ao teléfono 981570099, onde ofrecerá ademais asesoramento ás entidades participantes e proporciónalles o material divulgativo e os protocolos de limpeza.
Novas relacionadas
- Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.
- Limpeza Simultánea 2019: Os escolares de Muros únense a salvar o planeta.
- Limpeza Simultánea 2019: Limpando un mar de pequenos plásticos.
- Limpeza Simultánea 2018: Moito máis que unha limpeza. Unha xornada de concienciación directa na VII Limpeza Simultánea de Praias.
- Limpeza Simultánea 2015: A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias.