Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos
- Última hora: Adíase a limpeza do río do Porto ao sábado 17 de outubro, polas malas previsións climatolóxicas

Esta pasada fin de semana o Concello de Carballo uníase á campaña Proxecto Ríos, promovido por ADEGA. Unha nova xornada de concienciación medioambiental que sacou das casas a centos de voluntari@s a limpar os seus ríos. Foron 5 as voluntari@s de Senda Nova, coordenadas por María Canedo os que se achegaron ao río Rosende, e retiraron uns 100 kgs do río Rosende, entre elas o maleteiro dun Ford Orión, unha silla de escritoio, iantas dun coche... ou unha bolsa de leite de hai mais de 20 anos que estaba case intacta…
Voluntari@s de Senda Nova no río Rosende
Proxecto Ríos na Ponte
Mentres, os dous colectivos ecoloxistas de Camariñas, Mar de Fábula e PX Costa da Morte, uniranse á ADEGA, pero farano esta fin de semana. En estreita colaboración co Concello de Camariñas, organizan este próximo sábado día 3 de outubro, unha nova acción de saneamento e protección, neste caso no Río do Porto, mediante a recollida do lixo plástico.
O punto de encontro será ás 11:00h na praza do Outeiro (diante do local de PX).
Todos os veciños que queiran participar nesta limpeza deberán inscribirse en info@mardefabula.es ou no tlfno: 608609042.