Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Volve a ‘Danza Rosa’ de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

danza rosa 2023 camarinas
Volve a ‘Danza Rosa’ de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado, 21 de outubro, as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcosrosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16 horas, chegando ata o Pavillón Municipal, no que haberá unha última actividade.

Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba e repartirase auga e froita para repoñer forzas.

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse no Concello ou no local Chuchelandy, onde se lles dará un pano rosa co donativo de 5 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

Comentarios