Xaviña prepárase para a súa primeira Festa da Xuventude aproveitando a Semana Santa

A Comisión de Festas que xa recuperou as Festas de San Blas de Xaviña, conta os días para o vindeiro 6 de abril. En plena Semana Santa é unha cita ideal para armar unha clásica Festa da Xuventude, coa presencia de todos os emigrados que poden volver a casa aproveitando as vacacións de pascua.

Ademais de visitar a Mostra do Encaixe, a mocidade camariñá e de toda a comarca poderá achegarse a Xaviña para disfrutar de Los Coleguitas e unha disco móbil durante toda a noite na carpa.

Novas relacionadas