Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sara Lage e Dolores Cortés completan a lista de nomes para as Grandes Firmas da XXXII Mostra do Encaixe

Dolores Cortés na Mostra do Encaixe do 2022
Dolores Cortés na Mostra do Encaixe do 2022
Sara Lage e Dolores Cortés completan a lista de nomes para as Grandes Firmas da XXXII Mostra do Encaixe

Dúas das deseñadoras máis famosas do estado non faltarán na lista de nomes para as Grandes Firmas desta XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Sara Lage, coñecida como “La Reina del encaje”, e Dolores Cortés darán máis glamour á pasarela camariñá.

Lage traerá á pasarela unha colección sen denominación con tres modelos e a súa característica mestura de texturas e tecidos diferentes. “Participar na Mostra sempre é un pracer, xa que en Camariñas considero que comezou a miña carreira e penso que eu lle aporto ao Encaixe e él a min”, comenta Lage.
Actualmente é titular dun taller de vestidos de noiva, “onde aplico a puntilla na meirande parte das pezas”. Atribúelle á aplicación do Encaixe “un valor engadido, unha marabilla traballar o corte con proveedores artesanais, coas palilleiras moi preto de onde temos o taller, unha auténtica gozada”, expresa.

Pola súa parte, Cortés participará cunha sorpresa: dúas pezas brancas e catro estampadas, tratándose da primeira vez que aposte por esta fórmula ‘4+2’. A cor predominante será o azul, que lembra ao mar.
A deseñadora valenciana afirma que “encántame estar en Camariñas un ano máis, non só pola amabilidade coa que me tratan sempre, senón porque é un municipio que me encanta. A nivel profesional, é un escaparate importantísimo para min, xa que se trata doutra maneira de achegar ao público as miñas coleccións”, achega Cortés.
“Gustaríame felicitar á organización por facer o que están facendo, algo tan propio, tan identitario e marabilloso como é o Encaixe de Camariñas, ensalzando o produto pero tamén a maneira de facelo, cuxas protagonistas son as palilleiras”, enfatizando que “unha das mellores cousas da Mostra é comprobar ano tras ano que existe relevo xeracional”.

Máis novas do Encaixe

Comentarios