Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1.600 escolares de Carballo “apagaron o candil” polo #AnoXestal

Ano Xestal en Carballo
1.600 escolares de Carballo “apagaron o candil” polo #AnoXestal

Espectacular ver a praza do Concello de Carballo chea con máis de 1600 escolares. A gran cita do Ano Xestal tivo lugar na mañá de onte, luns 15 de maio, coa invasión escolar do centro carballés para render homenaxe a Carlos Díaz, o Xestal e cantar O apaga o candil máis grande da historia 

”Cando comezaron a cantar, case comeza todo o mundo a chorar de emoción”, cóntanos Xurxo Souto, armadanzas do evento xunto a Xosé Ramón Gayoso. Un Gayoso que lle dedicou unhas moi fermosas palabras o gran mestre de Bergantiños.

Tamén estiveron no escenario Os Jalochos e unha pequena representación da Escola do Alprende, enchendo de alegría ao alumnado dos colexios A Cristina, Xesús San Luís Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, CRA Ponte da Pedra e Aspaber. 

Aínda que será o máis multitudinario, non será o único acto do Ano do Xestal que se levará a cabo arredor do Día das Letras Galegas. 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios