Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo dedicará o 2023 ao Xestal

Publicacions do XEstal
Publicacións do Xestal
Carballo dedicará o 2023 ao Xestal

Xestal foi un dos humoristas galegos máis recoñecidos de mediados do século pasado. Nado na Coruña o 8 de agosto de 1933, dende que desputara na Romaría de Santa Margarita de 20149, a súa carreira foi de éxito. Cantante e instrumentista en numerosos grupos galegos (tamén no Coro Aires de Bergantiños), o seu éxito consolidouse entre finais dos anos 50 e principios dos 60, grazas ao éxito que obtivo no programa de Radio Nacional de España “Desfile de estrellas”.
O seu primeiro disco de contos, Cuentos Gallegos por O Xestal, é do ano 1961, segundo un éxito en Galicia e na emigración e valéndolle merecedor da Orde ao Mérito Turístico, coa que foi condecorado no ano 1964 polo daquela ministro Manuel Fraga Iribarne.

Na década dos 70 trasládase a Carballo, a O Seixo, na parroquia de San Cristovo de Lema, onde vivie ata que en 1993 un derrame cerebral o leva.

A súa figura é unha lenda na vila e por iso a corporación municipal abordará no próximo pleno a declaración do 2023 coma “Ano do Xestal”. Será unha homenaxe co gallo do seu 90º aniversario do seu nacemento e 30º do seu pasamento.

Ao Xestal débenselle a recuperación do “Himno do Antigo Reino de Galicia”, como lembra o filólogo Xohán Xabier Baldomir Cabanas no seu libro “O Xestal, contador de contos”, ou temas tan míticos como “O candil”, que se converteu no himno de peche do programa Luar tras a interpretación que fixo O Xestal o 11 de novembro de 1992, dous meses antes da súa inesperada morte por un derrame cerebral. Foi, como recolle a propia Televisión de Galicia na súa hemeroteca, a primeira vez que soou o famoso “Candil”, e ata hoxe.

Máis información

Comentarios