Venres. 26.04.2024
El tiempo

25 familias xa aproveitan a riqueza da Escola Ambiental de Senda Nova

Escola Ambiental Senda Nova 2022-23
25 familias xa aproveitan a riqueza da Escola Ambiental de Senda Nova

Arrincou a marabillosa Escola Ambiental de Senda Nova. Esta cita de fin de semana que durante os tempos invernais permite que a rapazada saia a disfrutar da súa contorna natural, chova, neve ou faga friaxe. O Espazo Natural de Oza será o centro de operacións para aprender no medio.

Non faltou á presentación coas familias Miguel Vales, Concelleiro de Medio Ambiente, para dar conta do apoio municipal a esta escola pioneira.

Presentacion da Escola Ambiental de Senda Nova

Cada mañá sábado de aquí ata o verán, disfrutarán de saídas ao medio, as pernoctas ao aire libre, os obradoiros de pegadas ou mesmo a horta ecolóxica.

Se @ vos@ nen@s está nun centro de ensino carballés entre 3º e 6º, estades aínda a tempo de inscribilo aquí.

Comentarios