![carballo irmandamento Lisle jourdain]()
Tras o
relevo xeneracional do Comité de Irmandamento de Carballo con L'Isle Jourdain chega unha das actividades máis importantes da organización: o intercambio. Así, esta madrugada un total de 47 persoas, das cales o 80% son mozos e mozas, partiron nun autobús de autocares Cancela dende a praza do concello de Carballo para pasar un días na vila francesa.
Belén Lendoiro - teniente alcalde e concelleira de Facenda - e
Mar Eirís - concelleira de Educación e Festas - acompañan ao grupo en calidade de representantes institucionais do concello de Carballo.
Durante a súa estancia en L'Isle Jourdain, os carballeses visitarán os lugares máis emblemáticos da zona e participarán en diferentes actividades propias da vila francesa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carballo