600 entrevistas na Feira de Emprego de Carballo

Así é a Feira de Emprego da Cámara en Carballo
Os postos máis demandados polas empresas da comarca son perfís técnicos de FP, axentes comerciais, ou persoal de tendas de alimentación e retail.

Levamos tempo analizando dúas realidades arredor do mercado laboral na comarca: a dificultade dos empresarios para atopar traballadores, e o complicado que é facer chegar ás ofertas de traballo aos demandantes de emprego. Nese obxectivo se enmarcan estas Feiras de Emprego que a Cámara de Comercio organiza en Carballo. A deste martes 30 de maio era a 8ª edición, e nela trataron de unir unhas 50 ofertas de emprego que traían 30 empresas, cos 120 mozos e mozas demandantes.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a vicepresidenta da Cámara, Luz Pardo, inauguraron esta edición

A sesión serviu para poñer en valor os servizos existentens na comarca, como o Viveiro de Empresas que leva 15 anos instalado no polígono, o a Bolsa de Traballo (BDT), o servizo municipal que o Concello ten no Forum e que suma 543 insercións laborais en 10 anos.

Postos máis demandados

O que máis buscan as empresas de Bergantiños é persoal do sector do medio ambiente, de tendas de alimentación e retail, axentes comerciais, enxeñería industrial, informática, telecomunicacións e electricidade.
Tamén se necesitan perfís técnicos de FP como frigoristas, carpintería, albañilería, soldadura, técnicos de instalación de electricidade, electromecánica ou técnicos de xestión administrativa e persoal para hostalería, loxística e delineación, deseño industrial, entre outros.

Empresas participantes

As empresas que participaron son: APECCO, Arce Clima, Areté Gestión de Personas, ASEB (Asociación de Empresarios de Bergondo), Carrefour, CIE Tecnología, Clece, Disashop, DomusVi, Eulen - Flexiplan, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundacion Equipo Humano, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Externa, Grupo Gestán, Iman Temporing, MMypem by Voltam, Northius, Pacto, Repsol, Synergie, Teiga TMI, Temporing e Vegalsa-Eroski.

Máis novas SOBRE EMPREGO