Sábado. 21.09.2024
El tiempo

A BDT celebra 10 anos con 543 insercións laborais

A Bolsa de Traballo de Carballo está sita no Forum
A Bolsa de Traballo de Carballo está sita no Forum
A BDT celebra 10 anos con 543 insercións laborais

10 anos cumple o servizo da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo. Ao longo destes dez anos pasaron polas instalacións do Fórum Carballo un total de 5.163 demandantes de emprego e 562 empresas, e grazas ao labor de intermediación que realiza a BDT formalizáronse 543 contratacións.

BDT-carballo-350px

A oficina sita no Forum Carballo é unha das grandes referencias á que acoden desempregados de toda a comarca, así como empresas na procura de profesionais. En total, ao longo destes dez anos a BDT tramitou un total de 1.150 ofertas de emprego para cubrir 2.067 postos de traballo.

En novembro do ano 2012 había en Carballo, segundo os datos
do IGE, portal oficial da Xunta de Galicia, 4.175
persoas desempregadas. Abril deste 2023 pechouse con 2.006, o que supón un
descenso de case o 52%.  
Nestes momentos están abertas 86 ofertas e 22 en trámites para iniciar o proceso de intermediación.

En canto ao nivel de formación dos usuarios, un 62% teñen estudos secundarios e só un 2% carece de estudos.
E polo que respecta ás ocupacións que solicitan, destacan nos catro primeiros postos, con moita diferenza, mozo/a de almacén, repoñedor/a, limpador/a e dependente de comercio.

NOVA WEB para atopar novos perfís

O problema agora, tal como explica a técnica do servizo, é atopar perfís de usuarios adaptados ás necesidades das empresas.​

Coa finalidade de mellorar ese proceso de intermediación está en fase de implantación o novo portal de emprego do Concello de Carballo, unha ferramenta web que contará tamén cunha APP específica.


 

NOVAS SOBRE EMPREGO

Comentarios