Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A rede @empregoscostadamorte trata de achegar empresas a demandantes

Oscar Barreiro en empregocostadamorte
A rede @empregoscostadamorte trata de achegar empresas a demandantes

É curioso que grandes portais como Infojobs, creados ao amparo da burbulla xerada polo paro estrutural de todo o estado, non teñan apenas presenza na Costa da Morte. Máis grave é a falta de ofertas no servizo público de emprego. Unha situación que fomenta o enchufismo, e que o boca-orella sexa un dos pouco métodos para atopar traballo e para cubrir postos de traballo.

Contra esta carencia levan loitando máis de 10 anos os compañeir@s de TraballarnaCosta, cos que falabamos a semana pasada. E tamén o promove agora o carballés Óscar Barreiro, que vén de lanzar a través das redes a súa plataforma @empregoscostadamorte en IG.

Este licenciado en Relacións Laborais e Recursos Humanos é un apaixoado das entrevistas de traballo. Actualmente traballa no Banco Santander, pero polas tardes trata de establecer unha rede de contactos, que co tempo lle permita ofrecer un servizo de recursos humanos ás empresas.

En apenas un mes xa ten 2.000 siareiros en IG, gracias a un formato moi directo, contando el mesmo as ofertas que lle chegan ao Instagram @empregoscostadamorte ou ao correo [email protected]. Barreiro considera estrano que as empresas teñan dificultades para atopar traballadores e por iso quere apostar por espallar as ofertas, e pouco a pouco ofrecer el mesmo ese servizo de selección de persoal. “A pequena empresa non ten tempo para preparar un anuncio, facer as entrevistas… e eu teño un don para calar a xente nese sentido, encántame ver e facer entrevistas”, sinala.

Xa ten contactado con empresas do BNI ou do grupo vimiancés Salitre, e quere chegar a máis e máis demandantes de emprego, para ratificar postos de traballo como os 4 que xa ten conseguido neste primeiro mes de vida.

Afondando un pouco neste singular carballés de 32 anos, decatámonos de que é amante das dúas rodas, e compite co Club Monte Neme de Carballo nas probas de BTT. Así que entre oferta e oferta se cadra o vedes ciclando pola comarca.

Novas sobre emprego

Comentarios