Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os empresarios do turismo piden ciclos formativos para paliar os problemas para encontrar persoal

Afiador no curso de cocina de Carballo
A do Forum Carballo é a única formación vencellada coa hostalería en toda a comarca
Os empresarios do turismo piden ciclos formativos para paliar os problemas para encontrar persoal
Xa o alertaba tanto Óscar Barriero de @empregoscostadamorte, como os compas de TraballarnaCosta. Estalle sendo complicado ao sector turístico atopar xente para traballar.

E así o ratifica a enquisa que a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) vén de realizar entre os seus asociados, despois de falar con moitos hostaleiros. O obxectivo principal e a de tratar de identificar lagoas existentes neste eido co fin de poder acadar solucións a curto prazo.

Consultados os socios, en si esta sendo un problema a contratación de persoal neste tipo de establecementos a resposta e contundente. Un 85,2% din que e un problema a contratación de persoal a nivel xeral fronte a un 11,1% que di que non. A porcentaxe restante opina que as maiores dificultades nas contratación son só cando se require de cualificado.

Neste senso, o 89,8% opinan que isto non e unha circunstancia de tempada alta senón que e algo recurrente ao longo do ano fronte a un 10,2% que opina que so e un problema en tempada alta.

Causas

Entre as posibles causas que poden incidir na dificultade de contratacións os motivos son variados aínda que se concentran na gran maioría nos salarios, horarios intensivos en relación a outros sectores e polo tanto a conciliación da vida laboral coa familiar.
Faise referencia tamén a que a temporalidade deste sector e outro dos motivos importantes polos que se fai complexo conseguir traballadores.
A falta de profesionais cualificados tamén se desprende da consulta como unha circunstancia a ter moi en conta.

Posibles medidas: Formación

Ademais de ser conscientes da necesidade de tomar medidas como axeitar os horarios en relación a conciliación laboral coa familiar, entre as medidas para mellorar esta situación o sector opina claramente que a formación e básica para mellorar a calidade dos traballadores e que isto implicaría un maior poder adquisitivo dos mesmos.

Xa en 2021, hostaler@s da zona solicitaran un FP Dual para formar traballadores no sector, pero a Xunta rexeitouno.

Unha necesidade que volve ao punto de partida como recoñecen, e case por unanimidade (96,3%) os empresarios do sector, que clama por ciclos formativos específicos no ámbito da Costa da Morte para deste xeito crear “unha cultura de profesionalidade tanto para incentivar un relevo xeracional que poida ver atractivo este sector nun futuro próximo como ao mesmo tempo ofrecer ao visitante un servizo que garanta un nivel de calidade óptimo”.

Novas sobre emprego

Comentarios