800 entrevistas realizadas polas 30 empresas que participaron na Feira de Emprego da Cámara en Carballo
Martes laboral para os máis de 170 mozos e mozas da comarca que se quixeron achegar ao Fórum Carballo para acodir a XI Feira de Emprego da Cámara en Carballo. 30 empresas cos procesos de selección abertos realizaron preto de 800 entrevistas que poderían cubrir a demanda das empresas que participaron no encontro e outras futuras.
Durante a inauguración, o alcalde Evencio Ferrero falou para o “futuro da comarca”, e o Concelleiro Regueira puxo en valor o Forum como ”un espazo pensado para que conflúan oferta e procura de emprego con formación”. Ademais, destacou que ”a crise actual de man de obra en sectores como a construción ou o turismo supoñen unha oportunidade para os mozos que hoxe estades aquí”.
Precisamente houbo tempo para repasar os perfís máis demandados das empresas que participaron son: persoal de hostelería, de tenda, logística, axentes comerciais, diseñadores industriais, carpinteros, albañiles, soldadores ou frigoristas, entre outros.
Empresas participantes
As empresas que participaron son: Aluman, Arce Clima, Bricodepot, Campus Training, Carrefour, Construcións Cernadas, Disashop, DomusVi, Eulen Flexipan, FUAC, Forzas Armadas, Fundación Equipo Humano, Gadisa, Genesal, GI Group, Grupo Calvo, Grupo Crave, Grupo Externa, Grupo Temporing, Iman Temporing, Mapfre, NOA.AD (Grupo Malasa), Nordés Ancín (Grupo Abeirar), Nortempo, Osmos Sistemas Eléctricos, Synergie ETT, Tubasys (Grupo Abeirar) e Vegalsa Eroski.