840 nenos disfrutaron de 1900 sesións de xogos nas rúas carballesas
Presentábase onte o proxecto “Xogar na rúa”, que xa cumpre 23 anos na capital bergantiñá. Unha sesión que vén a completar un ano enteiro de actividades no marco do programa de Deporte en Idade Escolar, pechando así máis de 1900 citas co deporte neste curso nos centros CEIP Fogar, A Cristina, Bergantiños, Nétoma-Razo, Xesús San Luís Romero, Gándara-Sofán e na ANPA A Braña de Rus.
Un total de 839 nenos e nenas participaron entre outubro e maio nun total de 1896 sesións de actividades a través de 44 grupos e tocando todas as modalidades deportivas que se practican en Carballo.
Xogar na Rúa pecha este programa o sábado 7 de xuño, na Praza do Concello entre as 17.00 as 19.30 horas, a través de 16 actividades, como son mini basket, xadrez, pista americana, hóckey, xogos autóctonos, búfalo mecánico, inchable de Pocoyó, casiña de bolas, atletismo ou capoeira. Esta última unha proposta que se consolida no programa e que xa ten un espazo propio entre o alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero.
Novas relacionadas
- 68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro.
- Varios centros de Carballo e Cee xa poden descargar coa APP AbalarMóbil.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.