A Deputación abre a licitación da mellora da estrada de Carballo a Sísamo
08:06 22/07/16
As obras consisten na mellora da travesía dentor do núcleo urbano de Carballo
O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a licitación da primera fase da obra de mellora na estrada DP 1901 Carballo a Sísamo dende quilómetro 0 ao 0,310 - situado na avenida das Flores, cun orzamento de 418.420 euros.
As obras consistirán na mellora da travesía dentro do entramado do núcleo urbano carballés, coa renovación de firmes e pavementos, dotación de novas canalizacións de pluviais, fecais e abastecemento de auga e soterramento de liñas de teléfono e electricidade. Tamén inclúe a mellora da iluminación coa recolocación de 48 luminarias.
O prazo de execución é de seis meses e as empresas podrán presentar as súas propostas ata o 16 de agosto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña