Os encontros literarios da Libraría Clarión

O pasado venres 24 de maio, a libraría Clarión de Carballo encheuse para falar arredor do libro As despedidas, de Cecilia F. Santomé editado por Xerais. A autora estivo acompañada da tamén escritora Ana Varela, autora de Runrún, libro que xunto coas despedidas son as lecturas actuais do clube de lectura da libraría. 

Cecilia F. Santomé e Ana varela na Libraria Clarion

Mais de dúas ducias de persoas encheron a libraría para falar e debater sobre esta fermosa novela que é ademáis unha das máis vendidas na libraría.

Achegáronse persoas de varios puntos de Galicia, sendo representativo un grupo que se achegou de varias zonas da provincia de Lugo e de outros puntos da xeografía galega.

 

 

Máis novas