xoves. 15.05.2025
El tiempo

A oficina do DNI de Carballo tramita 500 documentos nos dez primeiros días de funcionamento

A oficina do DNI de Carballo tramita 500 documentos nos dez primeiros días de funcionamento
inauguracion-oficina-dni-carballo Onte inaugurouse oficialmente a unidade de Estranxería e Documentación situada na planta baixa do concello de Carballo Era unha demanda histórica pero dende onte quedou inagurada de forma oficial a unidade de Unidade de Estranxeiría e Documentación que está en funcionamento dende o 20 de marzo na planta baixa da casa do Concello de Carballo. “Este servicio se pone en marcha porque el ayuntamiento de Carballo lo ha solicitado por activa y por pasiva. Tardó en llegar la contestación, pero hoy ya estamos haciendo uso de él”. Con estas palabras referiuse o director xeral da Policía Nacional - Germán López Iglesias - durante o acto inaugural. Dende Madrid tamén se desprazaron ata Carballo outros cargos da Policía, entre eles o director do departamento operativo - Florentino Villabona -; aos que se sumaron o subdelegado do Goberno - Jorge Atán -; o xefe superior da Policía en Galicia - Manuel Vázquez -; e o comisario provincial - José Luis Balseiro -. A representación municipal, encabezada polo alcalde - Evencio Ferrero -  estivo integrada por boa parte do goberno do BNG e polo novo portavoz do PP. Faltaba a representación do PSdeG que, segundo sinalan os seus representantes, "foron excluidos de forma deliberada" ao acto inagural de onte. O alcalde destacou a importancia de que Carballo siga ampliando as prestacións á cidadanía, e nese sentido cualificou a Unidade de Estranxeiría e Documentación como un servizo “tremendamente importante”, como demostra que nos quince días que leva operativo teña tramitados 500 documentos e as citas estean xa completas con 15 días de antelación. “Polo tanto, demóstrase que é un servizo tremendamente necesario para Carballo, para Bergantiños, para Costa da Morte, e incluso para cidadáns de toda a provincia”, manifestou Evencio Ferrero. De feito, dende que a unidade empezou a traballar o 20 de marzo pasaron polas oficinas veciños de moi diversos municipios. dni-carballo O director xeral da Policía Nacional, Germán López Iglesias, asistiu - entre outros - ao acto inaugural da oficina do DNI de Carballo Na mesma liña, o director xeral asegurou que a Policía é consciente da importancia do servizo para a sociedade, e referiuse aos 120.000 habitantes da zona que abrangue o ámbito de influencia da oficial. Dende as dependencias, que teñen acceso directo e independente dende a rúa Cervantes, facilítanse os trámites administrativos relativos á documentación persoal dos cidadáns, como o DNIe ou o pasaporte, e en breve tamén a Tarxeta Única de Estranxeiro. Unidade móbil Así mesmo, a oficina de Carballo será a base operativa dun equipo móbil que se desprazará ás localidades limítrofes con certa periodicidade e que tamén atenderá en domicilios a cidadáns dependentes ou con problemas de mobilidade. Este novo servizo complementario estará operativo antes do verán, segundo as previsións da Policía Nacional. Na unidade de Carballo existe unha plantilla de seis funcionarios: un oficial, dous policías e tres funcionarios dos corpos xerais. O horario de funcionamento é de luns a venres de 9 a 14, e en breve espérase que estea activo o servizo de cita previa por Internet.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo
 

Comentarios