![estacion-autobuses-carballo]()
A conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou onte a estación de autobuses de Carballo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a
licitación do contrato de xestión da estación de autobuses de Carballo. O obxectivo é telo asinado este mesmo verán. Así o manifestou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda - Ethel Vázquez - que visitou onte o edificio xunto co director xeral de Mobilidade - Ignacio Maestro - e o alcalde de Carballo - Evencio Ferreiro -.
A conselleira explicou que se trata do contrato para a explotación da estación de autobuses en
réxime de concesión, por un prazo de 5 anos, prorrogable por outros 5. A partir de hoxe, as empresas interesadas terán un prazo dun mes para presentar as súas ofertas, prazo que rematará o vindeiro 5 de maio.
A estación de Carballo rexistra arredor de
230.000 viaxeiros ao ano, dos cales máis do 50% teñen como destino A Coruña. Desde hai ano e medio o concello de Carballo está incorporado ao
Plan de Transporte Metropolitano da área da Coruña, o que permitiu bonificar arredor de 270.000 billetes dos seus veciños. A isto hai que sumarlle a tarxeta Xente Nova, que xa está a permitir que 500 menores de 19 anos deste municipio poidan realizar os desprazamentos interurbanos gratis.
Reformas na estación
A responsable de Infraestruturas indicou que a Xunta está a facer unha forte aposta pola promoción do transporte público, e nesta liña enmárcanse as reformas acometidas recentemente na estación de Carballo, na que se investiron 60.000 euros para mellorar os aseos, a iluminación, o portal de peche ou a sinalización e que se enmarcan no
Plan Renove de estacións de autobuses que está a levar a cabo a Xunta en distintas estacións da comunidade.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Consellería Infraestructuras e Vivenda
- Concello de Carballo