Martes. 19.03.2024
El tiempo

Abertas as inscricións para a ruta carballesa polo Día do Peón

Dia do Peon Carballo 2022
Abertas as inscricións para a ruta carballesa polo Día do Peón

Non é o do trompo, é do camiñante. Este 17 de agosto, Carballo celebra, andando, o Día Mundial do Peón, aproveitando as sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. Así, xa podes inscribirse na Biblioteca Rego da Balsa ou neste formulario.

A saída será ás 19:30h dende o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde serás re irá cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades.

O Día do Peón celébrase o 17 de agosto, porque ese día dxe 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche no que veu considerar o primeiro sinistro viario do que se ten noticia.

Comentarios