venres. 07.02.2025
El tiempo

Aberto o prazo de solicitude para o Curso de Soldadura de Carballo

SOLDADURA FORUM 2022-5 simulador-Carballo
Aberto o prazo de solicitude para o Curso de Soldadura de Carballo

Ponse en marcha en febreiro o Plan formativo para o emprego do Concello de Carballo, financiado pola Xunta de Galicia. A primeira acción deste ano será un Curso de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo TIG, de nivel II.

As persoas interesadas en participar deben facer a solicitude nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), na planta baixa do edificio administrativo do Fórum Carballo.
A proba de acceso está prevista para o 10 de febreiro, polo que as inscricións deben realizarse á maior brevidade. 

Os requisitos de acceso sons os seguintes
    •    ESO, ou equivalente
    •    Certificado de profesionalidade de nivel II
    •    Certificado profesional de nivel I da mesma familia profesional
    •    Competencias clave nivel II
    •    Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
    •    Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
    •    Título de Formación Profesional Básica
    •    Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos

A acción formativa levarase a cabo no Fórum Carballo desde o 24 de febreiro ata o 1 de agosto, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00. En total, 568 horas de formación que inclúen 80 de prácticas profesionais non laborais en empresas.
 

Comentarios