Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de solicitude das subvencións do Concello de Carballo para entidades deportivas

Casa do Concello Carballo
Aberto o prazo de solicitude das subvencións do Concello de Carballo para entidades deportivas

 O Concello de Carballo ten aberto ata o 6 de xullo o prazo de solicitude das subvencións destinadas a apoiar a actividade que desenvolven as entidades
deportivas do noso concello. A través da Concellaría de Deporte convocan cada ano tres liñas de axuda que contribúen, por unha banda, ao financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España; por outra, á organización de eventos deportivos e actividades extraordinarias, e, finalmente, ao financiamento dos proxectos de actividades xeral das entidades.

Esta terceira liña supón o groso das subvencións, pero este ano aínda máis, xa que a partida destinada a esta finalidade segue incrementándose ata acadar
os 139.000 euros, un 11% máis que o ano pasado e un 51% máis que no 2019.


Estas tres liñas de subvencións en concorrencia permitiron financiar o ano pasado 2022 un total de 21 proxectos deportivos presentados por 16 entidades que traballan na promoción dende a base de todo tipo de deportes: natación, salvamento e socorrismo, voleibol, baloncesto, ciclismo, xadrez, hóckey a patíns, balonmán, fútbol, judo e karate.

Comentarios