Venres. 19.04.2024
El tiempo

A actualidade de Pondal debátese no Foro Espiral Maior

Tarxeta Pondal JPG
A actualidade de Pondal debátese no Foro Espiral Maior

O espazo cultural de Espiral Maior Foro de Carballo despide o 2022 cunha gran tertulia-debate sobre Eduardo Pondal, o xoves 29 de decembro, ás 19:30 h., na que participarán o profesor da USC e filósofo Luís G. Soto, autor do libro “Outros e novos queixumes. De filosofía e literatura en Queixumes dos Pinos de Eduardo Pondal”; o profesor de Lingua e Literatura Xavier Canosa, a profesora de Lingua e Literatura Galega Paula Cousillas e o escritor, profesor e activista cultural Xosé Manuel Varela.

Eduardo Pondal é unha das figuras máis extraordinarias da literatura galega de todos os tempos e un dos poetas "fundadores" máis importantes da poesía europea moderna, e a tertulia-debate, moderada por Miguel Anxo Fernán Vello, estará aberta á
participación de todo o público interesado.

PRESENTACIÓN

TARXETA QUERIDA PAULA

E, por outra banda, o martes 3 de xaneiro de 2023, ás 19:30 h., recibirán o novo ano coa presentación da novela “Querida
Paula”, do escritor e avogado Antonio Andrade, publicada na Colección Narrativa de Edicións Espiral Maior. Participarán no acto
literario a mestra Lucinda Andrade Cives, o artista multidisciplinar Miguel Anxo Calvo e o escritor e director de Espiral Maior Foro
Miguel Anxo Fernán Vello.

Antonio Andrade asinará exemplares da súa obra, ilustrada con debuxos de Mon Lendoiro en portada e interiores, a todos os
presentes no acto.

Comentarios