Adestrando DEKA nas rúas carballesas
Singular iniciativa a levada a cabo esta fin de semana na Rúa Barcelona de Carballo. Coa colaboración municipal, que pechaba ao tráfico parte da rúa, o Estudio Adrián Pérez, realizou un simulacro de DEKA, unha práctica deportiva que cada vez ten máis adeptos.
Uns grupo 20 participantes saíron o pasado venres Día de Defuntos, do ximnasio á rúa para espallar este hábito de vida saudable.
O motivo desta celebración é facer a última proba xa que o día 16 un nutrido grupo de participantes deste polideportivo viaxará a Tenerife para participar no DEKAFIT Tenerife 2024.A estampa ficou a atención de moitas veciñas e veciños que pasaban pola zona, e que se animaron a preguntar en que consiste esta disciplina. Trátase dunha das vertentes actuais máis seguidas unha competición que combina dez estacións de exercicios funcionais; o que se chaman zonas DEKA, e zonas de carreira entre estes exercicios; correspondentes a 500 metros entre zona e zona, o que equivale a 5 quilómetros en total.
O polideportivo Estudio Adrián Pérez (Centro de Adestramento Deka) leva 4 anos en funcionamento. De formación deportiva, Pérez estivo no Xiria, no Bergan… en varios clubs e varios choios ata que se decidiu a montar o seu negocio vinculado co mundo que o apaixoa. Conta a día de hoxe con 534 usuarios rexistrados (250 habituais), que acceden co pago mensual ou pago por uso.
O centro ademais promove a participación en probas deportivas como a vivida hai un par de semanas en Vigo con presenza de numerosos bergantiñáns.