Afaber organiza dous cursos de informática para adultos
07:05 31/01/17
Os maiores de 55 anos son os destinatarios dos cursos de infórmatica que pon en marcha a asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños – AFABER - durante os meses de febreiro, marzo e abril. Concretamente, ofertará dous cursos.
Un deles, o de iniciación á informática desenvolverase os luns en horario de 10 a 11 horas no pazo da Cultura de Carballo e hai 15 prazas dispoñibles. O outro curso é sobre redes sociais e terá lugar os mércores de 10 a 11 horas no pazo da Cultura carballés. Tamén hai dispoñibles 15 prazas.
O obxectivo fundamental destes dous cursos é acadar que unha persona que non saiba manexar un ordenaror poda manter unha autonomía no seu uso, podendo levar a cabo actividades como buscar en Internet, enviar un correo electrónico, escoitar música, informarse, escribir unha carta; así coma promover a súa saúde e evitar o aillamento social.
Custe e inscricións
Calquera dos dous cursos ten un custe de 7€/mes para os socios de AFABER e de 15€/mes para os non socios. A cuota para facerse socio de AFABER é de 30 €. Os interesados en anotarse poden facelo na sede da asociación, situada na rúa Camelias, nº2 baixo (Carballo), en horario de 16 a 20 horas; nos teléfonos 981 758 545 ou no 625 980 691 ou a través do enderezo electrónico [email protected].
Novas relacionadas
- Un mes de moita actividade en Afaber
- AFABER escolle as fotos que mellor describen o alzheimer
- Fotografías que describen o alzhéimer.
- Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba.
- Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- AFABER.