Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Amal en Ruta traerá a realidade da muller no mundo árabe para que Carballo manteña a “mente aberta”

Galeb Jaber presentou o Amal en Ruta de Carballo
Galeb Jaber presentou o Amal en Ruta de Carballo
O Amal en Ruta traerá a realidade da muller no mundo árabe para que Carballo manteña a “mente aberta”

Presentou telematicamente o Concello de Carballo o novo programa da "Mostra de Cinema Euroárabe Amal en Ruta” 2021, que por cuarto ano chega á comarca de Bergantiños. Foi o Concelleiro Marcos Trigo o que lembrou que este curso escolleron o mes de maio (o ano pasado foi en febreiro) polas previsións. O cico arrinca este venres 30 de abril e se prolongará durante os vindeiros 4 venres ata o 28 de maio.

As proxeccións serán no auditorio do Pazo da Cultura para manter os protocolos, con 70 prazas habitaladas, que gaberña que recoller con reserva previa [email protected] ou o propio día da proxección.

Ghaleb Jaber Martínez, Director do Festival e responsable da Fundación Araguaney, comezou agradecendo a” identidade cultural do Concello de Carballo e a súa aposta pola programación cultural”, que non sucumbre nin á pandemia.

Nese sentido debullou os filmes, “5 películas prepandemia, moi vinculado á denuncia social que afrontan a realidade das mullers no mundo árabe.

Os espectadores poderán ver a película “Adam” (venres-30 de abril), historia de superación dunha muller na que se aprecia como a comunidade serve de escudo protector; o documental “The Cave” (venres-7 de maio), que narra a historia dun grupo de mulleres médicas no conflito sirio que viven entre dúas guerras, a bélica e o machismo; o documental “Gaza” (venres-14 de maio), que retrata a vida cotiá dos cidadáns na Fronte de Gaza; a ficción “It must be heaven” (venres-21 de maio), cinta palestina dirixida por Elia Suleiman que, segundo Jaber Martínez, é un dos máximos expoñentes do cinema palestino; e a longametraxe de ficción “Papicha” (venres-28 de maio), que ofrece unha visión amarga pero estimulante do papel da muller no mundo contemporáneo nun país árabe, así como a loita do colectivo feminino.

Amal en Ruta 2021

Cultura como vacina e como garante da mente aberta

”Para o ano seguro que comezaremos a ver a pandemia no festival, pero quero quedarme con que a pandemia pon de manifesto a fraxilidade da nosa especie, que nos tocou a todos, enriba ou debaixo do Estreito”, sinalou Jaber. “A cultura é unha vacina efectiva, accesible, contra a pandemia da intolerancia e o extremismo”, rematou.

O alcalde carballés Evencio Ferreiro pechou a presentación facendo un agradecemento á entidade para “manter a nosa mente aberta”.

Os trailers

 

 

 

GAZA - OFFICIAL TRAILER JAN2019 from Garry Keane on Vimeo.

 

Comentarios