Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ana Pontón visita Carballo tralas inundacións

Ana Pontón visita Carballo tralas inundacións
Ana Ponton desprazouse recentemente ata Fisterra Ana Pontón desprazouse recentemente ata Fisterra A portavoz nacional do BNG, Ana Potón, desprázase mañá ás 12 horas a Carballo co fin de visitar as zonas do casco urbano máis afectadas polas inundacións do pasado mércores. Esta é a segunda vez que Pontón visita a Costa da Morte na súa condición de líder do BNG. Recentemente desprazouse ata Fisterra onde anunciou que levará á Cámara galega a construción dun novo centro de saúde e dun contradique de abrigo no Porto de Fisterra “que non sexa de xoguete”. Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputacion da Coruna, visitou hoxe Carballo Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, visitou hoxe Carballo Hoxe tamén se desprazou ata Carballo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, que se detivo especialmente no Pazo da Cultura, onde a auga, que chegou até a terceira fila de asentos, provocou numerosos danos. Goretti Sanmartín acudiu ata o Pazo da Cultura acompañada polo alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Seguridade, Milagros Lantes; os concelleiros de Obras e Servizos, Luis Lamas, e Cultura, Marcos Trigo, e o de Promoción Económica e deputado responsable da área de Cooperación co Municipios, Xosé Regueira. O alcalde fixo unha primeira valoración das consecuencias da inundación, que no Pazo da Cultura afectou a diversos aparatos electrónicos de luz e son, segundo un primeiro balance á espera de que a retirada da auga permita estudar o estado da madeira, mobles e instalacións. Así mesmo, Evencio Ferrero explicou á vicepresidenta da Deputación a dimensión da zona afectada, en especial os comercios, domicilios e vías situados nas beiras dos ríos. Goretti Sanmartín tivo a ocasión de visitar a continuación os municipios de Coristanco e Ponteceso, onde as enchentes tamén deixaron unha importante pegada, e ofreceu o apoio do organismo provincial, tanto técnico como económico, para os concellos damnificados. No caso de Carballo, a situación vai volvendo á normalidade pouco a pouco, e por parte dos servizos técnicos municipais comeza agora a tarefa de avaliación de danos nos bens e infraestruturas de titularidade pública. Novas relacionadas Fonte

Comentarios