Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Andrade presenta a súa nova novela no Espiral Maior Foro

TARXETA QUERIDA PAULA
Andrade presenta a súa nova novela no Espiral Maior Foro

O vindeiro martes, día 3 de xaneiro de 2023, ás 19:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación da novela “Querida Paula”, publicada por Edicións Espiral Maior e obra do escritor, avogado e político coristanqués Xosé Antonio Andrade.
Acompañarán ao autor no acto a mestra e filóloga Lucinda Andrade Cives, o artista multidisciplinar Miguel Anxo Calvo e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

A obra “Querida Paula” de Antonio Andrade (Seavia, Coristanco, 1957), publicada en 2012, ve novamente a luz, en edición actualizada, na Colección Narrativa de Edicións Espiral Maior.
Antonio Andrade, colaborador de prensa e radio, ten obtido como narrador un amplo recoñecemento do mundo lector e tense convertido nunha referencia literaria e cultural de primeira orde na Coruña, en Bergantiños e en toda a Costa da Morte.
O acto está aberto a todo o público e o autor asinará exemplares da súa obra a todas as persoas interesadas.

Comentarios