Mércores. 24.04.2024
El tiempo

José Antonio Andrade repetirá como candidato en Coristanco

Jose Antonio Andrade BNG Coristanco
José Antonio Andrade repetirá como candidato en Coristanco

José Antonio Andrade é actual portavoz do BNG de Coristanco e volverá ser candidato á alcaldía. Así o ratificou o partido esta fin de semana, que volve apostar por este home de letras,  en Seavia no ano 1957, e fillo de emigrantes. Traballou de ferreiro, na construción e coma taxista antes de licenciarse en Dereito e empezar a exercer coma avogado, unha profesión á que xa lle ten dedicado máis de 30 anos.  Ten varios libros publicados, ademais de colaborar ocasionalmente na prensa escrita.

Ten demostrado seu compromiso coa cultura e co país a través Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB) e na Asociación Ambiental Senda Nova. O seu obxectivo na política é, como sempre di, converter Coristanco "nun concello amable para vivir, sentir... e quedar".

Consideran dende o BNG que ten que contribuído nestes 4 anos, cunha oposición tolerante e transparente, á estabilidade política ademais de "marcar o ritmo da acción municipal a través das numerosas iniciativas que ten presentado".

 
 

Comentarios