Un apaixoado e didáctico Mohamed Safa debullou o relato palestino en Carballo
Este vindeiro martes 23 estará na AC Alexandre Bóveda da Coruña, e onte estivo en Carballo, echendo de solidariedade e compromiso as Escolas do Xardín Agra de Caldas. Mohamed Safa cotinúa coa súa xira de conferencias, aproveitando a saída do seu último libro. O oftalmólogo e activista palestino, que vén acaba de recibir o Recoñecemento en Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz, demostrou a súa capacidade oratoria para trasladar a crúa realidade que vive o seu pobo.
Na presentación, organizada por QPC e o Concello de Carballo coa colaboración do Casino1889, estivo acompañada da súa compatriota Maha Dandis tras a presentación da concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, que deron pé para unha completa hora de relato.
”Gaza, un xenocidio televisado”
O libro fai unha viaxe dende a resistencia á esperanza, pasando pola crueldade, o nacismo, e outros crús lugares da sociedade internacional.
Comeza falando de que asistimos ao primeiro gran conflito televisado, cun agresor que sae a cara descuberta, sen vergonza ningunha e unha sociedade mundial que se acostuma á barbarie e a deshumaniza a través da do sobreformación. A ética xa non forma parte do relato da guerra, convertendo ademais a guerra en política de estado.
Unha das cousas que máis sorprende na incoherente sociedade europea, é cando defende o exercicio de resistencia do 7 de outubro, convertíndo en símbolo, en momento de cambio de mentalidade, cando a sociedade deixar de padecer a ocupación para "liberar a mente". Avisa que para entendelo hai que comprender de onde vén todo isto, e fai un repaso no que deixa evidente que non é unha batalla de iguais. Volve atrás, á Nakba (Día da Catástrofe) do 1948, cando se obrigou a desprazarse a case un millón de persoas, se destrozaron 500 aldeas sobre as que se prantaron piñeiros, non olivos, que se expropiaban e se prantaban nas colonias...
Por iso, deixa claro que a memoria é fundamental como elemento de resistencia para intentar loitar contra o xogo do relato sionista, un estado capaz de montar o Museo do Holocausto enriba dun dos lugares máis sangrentos da Nakba do 48. “A memoria non pode ser selectiva”, critica con dureza a un estado que “convirte a historia, en clave de victimismo, nunha ferramenta de poder, e convirte a memoria en mercadoría”.
Despois de evidenciar que o relato do estado sionista é puramente colonialista, e pasa por borrar Palestina do mapa, da historia, da linguaxe, da arte, da memoria. Safa acomete o difícil desafío de explicar o chamado Acordo de Paz de Trump, perfecto exemplo da persistencia dunha lóxica de limpeza ètnica diplomaticamente lexitimada. Un proxecto baseado na visión occidental colonialista/imperialista de antano. Aí Safa lanza un dardo máis ao "silencio cómplice" de occidente.
O libro continúa debullando as 7 décadas de ocupación, asegurando que os intereses do estado sionista son tamén economicista. "A ocupación non é só un proxecto militar ou ideolóxico. Tamén é un negocio": armamento (economía de guerra, cómpre lembrar que Israel vende armas a todo o mundo co selo de "probado en combate", cos sangre Palestina inserida), experiencia en ciber seguridade, especulación inmobiliaria coas colonias, espazos agrícolas, explotude recursos naturais... Palestina é a día de hoxe unha feira do xenocidio, no que ensaia con poboación civil Palestina, mata con éxito, e vende con máis facilidade á UE.
Pero, ollo, Safa remata con esperanza: ante o intento de borrar, de calar, de silenciar, de substituír... A forza da palabra.
Mohamed Safa
Mohamed Safa é un oftalmólogo palestino que leva case 40 anos afincado en Galicia. Afincado entre Cee e Corcubión, leva en contacto co seu país en todo momento, e non perde a ocasión de compartir a realidade que vive o seu pobo. Leva 30 anos contando a ocupación que sofre Cisjordania e Gaza a mans do estadio sionista israelí, a través de centos de conferencias, e de libros como ”Palestina: grito por la libertad” (Ed. Castro, 2003), “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano” (2017), ou “La segunda Nakba Palestina. El Proceso de Paz” (2021).
Vén de ser recoñecido por parte da Rede Internacional Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio co Recoñecemento Galego á defensa dos DDHH 2025. E o celebra coa publicación, primeiramente en galego, de “Gaza, un xenocidio televisado” [Ed. Medulia].