Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Mohammed Safa celebrou o Día da Paz no CEIP Vilarmide

Lucia Gerpe con Mohammed Safa no CEIP Vilarmide
Luisa Gerpe con Mohammed Safa no CEIP Vilarmide
Mohammed Safa celebrou o Día da Paz no CEIP Vilarmide

No CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, todos os días celebran o Día da Paz. Por iso non lles importou conmemoralo un día despois, o 31 de xaneiro. O motivo ben merecía o aprazamento: o invitado a quen dedicaron este ano o Día da Paz no colexio recibía o día 30 en Oviedo o premio Carmen Ruiz-Tilve na categoría de persoas. O xurado destacou que “Mohamed  Safa é un defensor incansable dos dereitos do pobo palestino facendo visible a causa”. Feito que xa era ben coñecido polo alumnado que leva todo o mes de xaneiro traballando sobre a figura do activista palestino.

Durante unhas dúas horas e superado o “medo escénico” que Safa tiña ante un auditorio tan novo (nunca falara da Causa Palestina ante  nen@s de 3  a 11 anos) quedou gratamente sorprendido do amplo coñecemento que o alumnado tiña da súa biografía, da orixe do Movemento Sionista no s XIX, do reparto que Francia e Gran Bretaña fixeron dos territorios tras a I Guerra Mundial, do Holocausto e a Fundación do Estado de Israel, dos asentamentos israelís en Palestina, do Bloqueo e as guerras que sufriu  Gaza nos últimos anos, da cronoloxía da guerra dende que Hamás atacou Israel e da opinión das ONG e a Comunidade Internacional sobre o actual conflicto.

Os nen@s preguntáronlle sobre a súa nenez da que con nostalxia: “A verdadeira patria dun home é a súa infancia” , dicía Rilke e el sempre o repite. Falou do medo que sentía cando escoitaba dende á mezquita a orde do toque de queda, do horror de ver os tanques do exercito rodeando a súa vila, das detencións aos veciños acusados de colaborar coa resistencia contra o exercito israelí.
Pero non só falou da guerra, destrución e tristeza. Lembrou os sabores da cociña palestina, os xogos e do rico que se sentía antes de que en 1967 os israelís ocuparan a súa vila (era rico porque tiña familia, amigos, amor e PAZ). Emocionouse cando vio unha foto da súa vila.

Safa co Colexio Vilarmide

Contestou a todas as preguntas que lle fixeron e comparouse cunha boneca rusa, a boneca máis interior é a súa vila natal, a seguinte é Palestina, a última España. Non podería desfacerse de ninguna delas.
Falou do ben acollido que estivo sempre en Galicia e de que nunca pensou acabar vivindo na Fin da Terra unha terra tan diferente a súa natal. Explicou o valor que a familia ten para os palestinos (e para todos os árbes) da morriña, das ganas de pisar o camposanto onde reposa o seu pai (as autoridades israelís non lle deron permiso para ir ao enterro).

Os nenos emocionáronse escoitando a un home tan loitador polos dereitos humanos de todos os pobos (foi “negro” na época da esclavitude, “xudeo” no Holocausto, e activista ante todas as causas xustas).
Non faltou unha referencia a Pepa Fandiño, unha compañeira tamén activista pro Palestina que traballou no colexio e desgraciadamente morreu hai uns anos.

Rematou decindo que esta foi a conferencia máis refrescante en moito tempo e recollendo de mans dun alumno o unha bandexa co nome do colexio  e o traballo que todos fixeron sobre Mohamed Safa e o Conflicto Palestino.

Máis novas

 

Comentarios