![salvamento-maritimo]()
Salvamento Marítimo publicaba este post no seu perfil de Twitter
Esta mañá aparecía o corpo dun home, duns 70 anos de idade, frotando na zona de
"A Pedra do Sal", na praia carballesa de Baldaio. Os equipos de emerxencias tiveron constancia do suceso ao redor das 10 horas despois de que varios particulares chamaran para informar do acontecido. Segundo as testemuñas, o corpo estaba frotando boca abaixo na zona rochosa da praia.
Ata o lugar dirixiuse o buque Salvamar Betelgeuse ainda que finalmente o corpo recuperouse dende terra nunha operación coordinada polos axentes da Garda Civil. A intervención do persoal sanitario tamén foi requirida para atender á esposa do falecido, afectada por unha crise de ansiedade ao coñecer os feitos.
Estes días están sendo tráxicos na bisbarra.
Onte falecía un dumbriés nun accidente laboral en Quilmas e a semana pasada
o mar cobrouse a vida de Paco Souto mentras mariscaba.
Novas relacionadas