Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprobada a primeira licenza de 2018 no polígono de Bértoa

Aprobada a primeira licenza de 2018 no polígono de Bértoa
Na súa reunión de hoxe, a Xunta de Goberno Local aprobou a primeira licenza do 2018 no polígono de Bértoa, en concreto para a construción dunha nave destinada a taller de reparación de automóbiles. Desde a posta en servizo da segunda fase do polígono, no ano 2011, o Concello de Carballo leva aprobadas no parque empresarial licenzas para a construción de 55 naves industriais, 16 delas no ano 2017. Desde este punto de vista, o ano recen rematado foi o de maior actividade dos últimos dez, o que vén reforzar a necesidade, consideran desde o concello carballes, de ampliar a bolsa de solo industrial na capital bergantiñan. Nivel de ocupación no Pol. de Bértoa ao peche de 2017 O polígono industrial de Bértoa rexistrou no 2017 a maior actividade dos últimos dez anos tanto no que se refire a construción de naves como a compra-venda de solo. Fai un ano por estas datas estaban vendidas ou reservadas 41 parcelas, o que supoñía o 45% do total. Neste momento xa son 92 as parcelas que teñen dono, e a porcentaxe de ocupación do parque empresarial sitúase no 69,14%. O equipo de gobernó carballes considera que, de seguir ao mesmo ritmo, o solo industrial en Carballo esgotarase antes de dous anos, e de aí os constantes chamamentos do alcalde, Evencio Ferrero, á Xunta de Galicia para que inicie canto antes a tramitación para desenvolver as dúas seguintes fases do polígono. "O ritmo non ten por que decaer -sinala o rexedor-, e é evidente que en dous anos non se urbaniza un ámbito industrial. Como mínimo fan falta catro anos. De feito, na primeira fase a dispoñibilidade efectiva das parcelas para as empresas tardou cinco anos a partir da elaboración do proxecto sectorial por parte do IGVS". A reivindicación expresada por Evencio Ferrero conta co apoio de todos os grupos da corporación municipal.

Comentarios