Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Semana da Mobilidade de Carballo pon a proba o bus urbano

Semana Mobilidade Carballo 2023
A Semana da Mobilidade de Carballo pon a proba o bus urbano

Na Costa da Morte só temos unha vila que fale en termos de mobilidade. Esa é Carballo, unha das 308 cidades españolas e das 1.643 de todo o mundo que participan na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Comisión Europea para promover o cambio de comportamento en favor dunha mobilidade activa e de solucións de transporte limpas e intelixentes.

O programa, que conta coa colaboración de entidades como a Asociación Íntegro; o Club Ciclista Carballo; a Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, e a Asociación Ambiental Senda Nova, que encherá de actividades a vila do 13 ao 22 de setembro. 

Será o mércores 13 cando comece o programa cunha actividade con Apego destinada a nenos e nenas de ata 6 anos de idade, coa instalación dun circuito correcamiños, bicicletas e todo tipo de vehículos infantís na planta alta do mercado municipal. A actividade desenvolverase de 17.00 a 19.30 horas en quendas de media hora, en cada unha das cales poderán participar 10 nenos/as. Os menores de tres anos poderán facelo nas das 17.30 e 18.30 horas, e os de catro a seis, nas das 17.00, 18.00 e 19.00 horas. As familias interesadas deben inscribirse na Biblioteca Rego da Balsa, chamando ao 981 758 580.

Semana Mobilidade Carballo 2023 Programa

Ao longo destes 10 días haberá andainas, rutas en bicicleta, unha ruta Literaria, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible para accións tan cotiáns como ir traballar ou mercar á feira.

Para participar nas actividades deben cubrir este formulario e levalo cuberto á Biblioteca Rego da Balsa.

Por un Bus Urbano

Entre as novidades desta edición destaca a posta en marcha dun servizo de autobús urbano, que circulará do 18 ao 22 de setembro unindo a estación de autobuses co parque comercial A Revolta e o polígono industrial de Bértoa, e que fará paradas en
distintos puntos da zona urbana. Trátase dunha experiencia piloto, coa colaboración de Arriva, que responde a unha antiga demanda do empresariado do polígono e que permitirá coñecer a demanda do servizo para poder trasladar unha solicitude formal á Xunta de Galicia, administración competente en materia de transporte.

Comentarios