As praias de Carballo xa locen as Bandeiras Azuis
Non todas as praias que terán este verán Bandeira Azul xa as locen. De feito, algunha, como a de Valarés, segue pendente dunha polémica concesión do restaurante e dos servizos para poder alzala.
As que si que as visten son xa as praias carballesas. Membros do goberno carballés; persoal de Protección Civil e socorristas izaron as dúas bandeiras azuis que ondearán este verán en Pedra do Sal e As Saíñas. En Razo quedou colocada tamén a placa do Sendeiro Azul que discorre por todo o litoral carballés, e que conta tamén co recoñecemento ambiental.
Xunto aos 19 socorristas que integran polo momento o equipo de salvamento están a realizar as súas prácticas estes días catro alumnos dos cursos organizados pola Cruz Vermella. O Concello realizará un segundo proceso selectivo para intentar completar as 35 prazas convocadas inicialmente de cara aos meses de xullo e agosto, nos que se rexistra a maior afluencia de visitantes. Aínda que con menos recursos humanos dos previstos, os servizos mínimos están cubertos en horario de 11 a 20.
Novas relacionadas
- “As praias de Muxía volven quedar sen bandeira Azul pola irresponsabilidade do alcalde”.
- As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).