Así se reparten os case 120.000€ de axudas municipais a 10 entidades deportivas de Carballo

14:45 07/04/25
A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo aprobou na xuntanza celebrada este luns a concesión de subvencións nominativas a dez entidades deportivas e a sinatura dos convenios correspondentes por un importe total de 119.500 euros.
O reparto das axudas realizouse do seguinte xeito:
- 70.000 euros ao Bergantiños FC para a participación en competicións deportivas federadas.
- 4.500 euros para Escolas Balonmán Xiria para o financiamento do Carballo Handball Festival 2024.
- 6.500 euros a Escola Basket Xiria para o 10º Día do Pequebasket.
- 3.000 euros á Sociedade Deportiva Sofán para o Torneo de fútbol base SD Sofán 2025.
- 9.000 euros ao Club Ciclista Carballo para a Challenge Júnior Carballo.
- 6.000 euros á Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte para as Escolas deportivas de voleipraia.
- 9.000 euros ás Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz para o Torneo sub 16 Concello de Carballo.
- 3.500 euros á Escola Lubiáns de hóckey e patinaxe para o V Torneo 3x3 Hóckey Carballo.
- 6.000 euros á agrupación deportiva Un paso máis para o programa de actividades deportivas inclusivas en horario extraescolar.
- 2.000 euros a Lenda Educativa SCG para o programa de deporte inclusivo en medio acuático.