Así son as axudas do Concello de Carballo ás 21 entidades deportivas
- O Concello lembra a xornada formativa deste venres.

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns 20 de outubro a concesión de subvencións a 21 entidades deportivas por importe de 178.000 euros.
A contía máis elevada corresponde á convocatoria para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2025, cun total de 165.000 euros que se distribúen do seguinte xeito:
- Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude: 15.838,89 €
- Asociación Deportiva Xiria: 11.750 €
- Club Baloncesto Artai: 2.000 €
- Club Ciclista Carballo: 3.735,26 €
- Club Ciclista Monteneme: 1.620 €
- Club Fútbol Cances: 1.000 €
- Club Rítmica Carballo: 6.894,57 €
- Club Rítmica Pangea Carballo: 3.097,20 €
- Club Taekwondo ITF Carballo: 1.456,84 €
- Club Xadrez O Toque Xiria: 3.010 €
- Escola Basket Xiria: 20.344,93 €
- Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns: 12.500 €
- Escolas Balonmán Xiria: 25.432,57 €
- Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz: 11.344,16 €
- Judo Club Bergantiños: 4.088,18 €
- Karate-Do Carballo: 3.156,48 €
- SD Oza: 3.000 €
- SD San Lorenzo de Verdillo: 4.093,82 €
- SD Sofán: 17.061,39 €
- Salvamento y Socorrismo Carballo: 12.575,11 €
- Virgentis Salvamento Bergantiños: 1.000 €
O importe restante corresponde ás axudas para a organización de eventos deportivos e actividades extraordinarias, que son as seguintes:
- Agrupación Deportiva Fogar: 1.500 € para o III Memorial Pedro Luis Fernández
- Club Ciclista Monteneme: 1.500 € para a XXI Marcha Costa da Morte
- Club Fútbol Cances: 1.500 € para o Torneo internacional de veteranos Costa da Morte
- Club Rítmica Carballo: 1.221 € para o I Torneo Club Rítmica Carballo e 920,36 € para a II Gala Nadal Rítmica Carballo
- Club Rítmica Pangea Carballo: 600 € para o Festival de inverno de ximnasia rítmica
- Club Xadrez O Toque Xiria: 1.000 € para o II Torneo Escolar Concello de Carballo e 1.382,45 para o VIII Aberto Concello de Carballo Clásico
- Judo Club Bergantiños: 1.496,14 € para o Campionato do Nadal
- Salvamento y Socorrismo Carballo: 1.460,05 € para o XXIX Memorial Carlos Servando
- SD Oza: 420 € para o 5º Triangular SD Oza
Programa de formación
Carballo, por outra banda, acollerá este venres 24 unha xornada de formación para entidades deportivas de base organizada pola Deputación da Coruña. O programa continúa a liña iniciada polo Concello de Carballo coas xornadas celebradas no mes de xuño para que os clubs poidan seguir medrando e afrontando retos como a dixitalización, a xestión administrativa ou a mellora nos procesos de adestramento.
A sesión celebrarase no Fórum Carballo, de 16.30 a 20.00 horas, e inclúe dous relatorios: Normativa sectorial no deporte, a cargo de Miguel Juane, e Regulación emocional para adestradores/as no entorno deportivo, impartido por Manuel Isorna. Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfWzIMq-zE-alWYbuyaygGD2Eq6qPM4st8pqve5MD09vlJlvw/viewform