Martes. 10.09.2024
El tiempo

Asinados os contratos para as obras de reforma de seis centros sociais en Carballo

Asinados os contratos para as obras de reforma de seis centros sociais en Carballo
contratos-centros-sociais-carballo Das obras de reforma encargaranse as empresas Fonsan Gestión y Construcción SL e IAM Rumbo Instalaciones y Obras SL O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - asinou onte os contratos correspondentes ás obras de reforma de seis locais sociais en cinco parroquias. O investimento total acada os 333.721,98 euros, pero as actuacións divídense en dous lotes. Por unha banda, Fonsan Gestión y Construcción SL executará os traballos de acondicionamento dos locais de Artes, Rus, Entrecruces e Outón, todo iso cun orzamento de 275.889,95 € (IVE incluído), mentres que IAM Rumbo Instalaciones y Obras SL acometerá os labores de ampliación do centro social de Oza e de edificación dun almacén acaroado á escola unitaria de Sísamo por 57.832,03 €. As obras - que no primeiro caso teñen un prazo de execución de cinco meses e no segundo de tres, atenderán as peticións realizadas polo movemento asociativo de cada unha das parroquias para acondicionar e mellorar a funcionalidade dos centros sociais. A proposta do Consello Parroquial de Artes, dado que o centro social atópase no primeiro andar do edificio que tamén acolle a escola unitaria na planta baixa, as obras faranse coincidindo coas vacacións. Ademais destas actuacións, o concello de Carballo tamén realizou este ano traballos de mellora na antiga escola de Vilela para que poida ser utilizada como local social e acometeu a construción do centro social de Ardaña, un edificio de nova planta que entrará en servizo antes de fin de ano. O investimento total en edificios de uso cultural e social nas parroquias ronda os 800.000 euros.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios