Venres. 29.03.2024
El tiempo

Atener organiza unha charla informativa sobre a Lei de Contratos do Sector Público

Grupo Atener Charla Lei Contrato publico
Atener organiza unha charla informativa sobre a Lei de Contratos do Sector Público

Este vindeiro martes 30 de abril, o grupo Atener Solucións Técnicas celebra, no marco das súas RSE, unha charla informativa. O programa “Os almorzos de Atener”, invita a Patricia Iglesias Rey, Xefa do Gabinete Xurídico de Estudos e Dereito Comunitario da Asesoría Xeral da Xunta de Galicia, a dar unha conferencia sobre a nova "Lei de Contratos do Sector Público”.

Esta experta xurídica desta Lei, facilitará moitas das claves para que as empresas saiban como acceder aos contratos públicos.

A charla, que comezará ás 10:00h, e durará pouco máis de hora e media, celebrarase na Sala de conferencias de Atener, na rúa Vila de Negreira, nº52, baixo (Carballo), e tamén se retrasmitirá en directo pola canle de youtube de Atener.

Ao remate da charla abrirase un espazo networking, para que os asistentes poidan intercambiar opinións e no que se ofrecerá un “almorzo ecolóxico”.

Comentarios