venres. 11.07.2025
El tiempo

Axober prepara a 20ª edición de Berocasión

Axober prepara a 20ª edición de Berocasión

Xa está en marcha a 20ª edición de Berocasión que se celebrará o días 29, 30 e 31 de agosto no recinto do Rego da Balsa, en Carballo. Precisamente o pasado martes tivo lugar unha reunión entre AXOBER e os expositores confirmados esta edicion da feira do vehículo de ocasión que se consolidou como unha das citas máis destacadas do sector na comarca.

Durante a reunión comezouse a traballar na organización do evento, abordando cuestións clave como a distribución do espazo expositivo e as accións de promoción. Debido á ampla demanda por parte dos concesionarios participantes, estase a xestionar a posibilidade de ampliar a superficie da feira, incluíndo novos espazos, co obxectivo de dar cabida a todos os expositores interesados.

Berocasión 2025 promete ser unha edición especial, tanto pola súa dimensión como polo feito de conmemorar dúas décadas promovendo o sector do automóbil na Costa da Morte.

Comentarios